domingo, noviembre 26, 2017

XV CONCURSO CARTEIS CONTRA A NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Co gallo da celebración do Dia da Non Violencia de Xénero (25 de novembro) o noso alumnado de 5º e 6º participou no Concurso de Carteis que convoca cada ano o CIM do Concello de Bueu.
Nesta ocasión o xurado decidiu que recibiran mencións especiais polos seus traballos os seguintes alumnos/as do noso centro:

ELOY ALFAYA PORTELA 5ºA

ANXO RODRÍGUEZ JUNCAL 5ºB
NOA GÓMEZ CABALEIRO 6ºA
Aquí vos deixamos unha escolma dos traballos realizados polo noso alumnado.

domingo, noviembre 19, 2017

MAGOSTO 2017


Xa chegou o San Martiño!

Coma todos os anos, en datas próximas ao 11 de novembro celebramos no colexio o San Martiño.

Este ano foi o martes 7 o día indicado.  Nesta xornada vén sendo habitual que nos acompañen Manolo Otero e os seus amigos e amigas da asociación Corredoiras para compartir con nós un tempo de lecer diferente, no que recuperar a tradición gozando dos xogos populares, os de sempre, e que, ás veces, coas novas tecnoloxías, temos esquecidos.




 Queremos, un ano máis, darlles a grazas pola súa xenerosidade! 


Despois dos xogos, xa cun pouquiño de fame, chegou o arrecendo de castañas asadas. Sentamos no chan facendo unha roda e comemos este froito do outono típico da nosa terra. Que ricas estaban!





































































































































viernes, noviembre 03, 2017

SAÍDA AO MUSEO E AO PARQUE DE CAMPO LAMEIRO



Este xoves , 2 de novembro, o alumnado de sexto de primaria, pasamos unha xornada moi interesante no museo de Pontevedra, con posterior visita ao parque arqueolóxico de Campo Lameiro.

A pesar da chuvia que nos acompañou na viaxe cara ao noso destino, puidemos gozar da visita, facendo  as actividades previstas, todas elas moi divertidas.