O mércores 18 de marzo fomos de excursión a Pontevedra. A verdade sabiamos que era unha actividade de música pero quedamos soprendidos co grupo Odaiko. Ensináronnos que o primeiro instrumento musical foi o noso corpo e que podemos facer música con case calquera material. Se queredes saber algo máis destes rapaces, visitade a súa web:
8 de marzo, Día Internacional da Muller, Día da Igualdade
O pasado venres, 6 de marzo, foi un día realmente especial para
nós. O CIM do Concello de Bueu celebraba a entrega de Premios do IX concurso de
viñeta e ilustración baixo o lema “A Igualdade no traballo” que organiza cada
ano con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER .
A nosa escola xogou un papel relevante nesta gala:
Por unha banda, Gabriel Oliveira Carballo , de 6º A, gañou o
primeiro premio eInés BriónMartínez, de 5º A, e Inés Hermo Sanmartín, de 6º B, cadansúa mención especial.
Ademais, correspondíanos a tarefa de levar a cabo a declaración
institucional,para o que, as alumnas e
os alumnos de 6º prepararan unha actuación dividida en tres partes:
Lara e Xoel deron comezo á nosa intervención compartindo con nós
a historia da avoa de Xoel, quefoi redeira durante a súa mocidade.
Seguidamente, os mozos e as mozas de 6º subiron ao escenario para recitaren un fragmento
do poema de Elvira Riveiro titulado “As redes de Inés”, dedicado a todas as
mulleres que, como a avoa de Xoel, foron atadeiras.
Para rematar, Sabela e Jairo explicaron o proceso completo de
composición e gravación da “Canción pola
igualdade” (asalumnas eos alumnos de 6º compuxeron a letra partindo
dunha melodía popular).
Finalmente, proxectamos o vídeo coa gravación. O resultado
foiextraordinario!
O sábado, día sete, saímos na portada do Faro de Vigo, en cuxo
interior nos dedicaban unha fermosísima crónica a páxina completa!, pola cal
queremos darlles as nosas máis sinceras grazas.