viernes, junio 13, 2014

APADRIÑAMENTOS LECTORES


Este xoves, 5 de xuño, aproveitamos  que saíra un raíño de sol para celebrar no patio a festa dos APADRIÑAMENTOS LECTORES entre os nenos e nenas de 5º e os de 2º.
Sentados na herba compartiron aventuras, sorrisos e afecto á calor da lectura.

lunes, junio 09, 2014

APADRIÑAMENTOS LECTORES

   Os rapaces e rapazas de 6º tamén tivemos a alegría de ser os padriños e madriñas do alumnado de . Aínda que o tempo non acompañou e non puidemos gozar de ler ao aire libre, non o pasamos moi mal!



sábado, junio 07, 2014

EXURSIÓN Á CORUÑA -FIN DE CURSO 2014


O pasado venres, 30 de maio, mestres/as e rapaces/as de 5º fomos de excursión á fermosa cidade de A Coruña.
Antes de contarvos o ben que o pasamos, queremos darlles as grazas á profe Goretti e ao profe Suso, porque sen a súa compañía esta viaxe non sería igual. Moitas grazas, de verdade. Querémosvos!

Visitamos tres museos: O Acuario Finisterrae, A Domus ,ou Casa do Home, e a Casa das Ciencias.
Primeiro estivemos no acuario, onde vimos cómo lles daban de comer ás focas e unha simpática guía nos contou moitas curiosidades sobre distintas especies mariñas. Antes de rematar baixamos á Sala Nautilus para contemplar os fondos mariños e coñecer a Gaston, un tiburón que trouxeron de Francia.
 Cando xa era mediodía, dirixímonos á Domus, onde nos tiñan reservadas unhas mesas para xantar a cuberto. Coa tripa xa chea, gardamos as mochilas nunha consigna e iniciamos toda unha aventura repleta de experimentos relacionados cos misterios que agocha o corpo humano.
Ás catro e media, entramos na Casa das Ciencias. Alí tamén nos agardaban unha morea de experimentos divertidísimos para aprender xogando as máis serias leis da Física.
Resultou moi emocionante. Había tanto que ver, tanto que experimentar, tanto que aprender, que probablemente necesitariamos outro día máis para aproveitar mellor a visita.
Antes de regresar a casa, merendamos nun  parque fabuloso, o de Santa Margarita.

 

EXCURSIÓN Á CORUÑA , 30 DE MAIO DE 2014 - Movie Maker

Ás nove do serán estabamos de volta, diante do cole, onde nos agardaban as nosas familias.
PASARÁMOLO XENIAL!