viernes, diciembre 27, 2013

COMEZAN AS VACACIÓNS DE NADAL...

Gifs Animados Navidad (100)  O último día de clase participamos nos obradoiros de Nadal que se realizan cada ano. No 3º ciclo tivemos un obradoiro musical a cargo da profe Nuria, un obradoiro plurilingüe con Marina, outro deportivo con Silvia e por último, o decorativo con Carmen Cazorro. Pero aínda quedaba tempo para seguir pasándoo ben... Houbo algunha que outra sorpresa... Os Reis Magos...  FESTA!!!
 
                                   Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

UNHA PROBA DE AMIZADE

     Nos últimos días estivemos vendo un vídeo relacionado coa época de Nadal. O vídeo trataba sobre dous ratos chamados Pinky e Cerebro que desexan por tódolos medios conquistar o mundo. Para iso fabrican un robot capaz de hipnotizar ás persoas e roubarlles a vontade... Que pasará? Conseguirán o seu propósito? Que tén que ver a amizade en todo isto? Se queredes saber o final desta historia, aquí tendes o episodio.

           

    O alumnado de 6º teremos que realizar un TRABALLO para a volta das vacacións sobre este capítulo.
6ºA: Redactar a páxina dun diario ou poema.
6ºB: Redactar unha noticia de xornal ou carta.

Todos os traballos serán entregados:
  • pasados a limpo en folio ou cartolina e decorados (ilustracións ou fotografías).
  • escritos en galego.