jueves, abril 25, 2013

XABIER DOCAMPO VISITA O NOSO BIBLIOCASTELO


Hoxe foi un día especial no noso Bibliocastelo. Tivemos a fortuna de contar coa presenza de Xabier Docampo.
 Esta visita formaba parte do programa de actividades organizadas co gallo da celebración do Día Internacional do Libro (23 de abril).
Os mozos e mozas de 6º recibiron o autor lucense despois de leren O MISTERIO DAS BADALADAS, unha extraordinaria novela de aventuras que os mantivo en vilo, mesmo máis aló da última páxina.


 O escritor falounos da importancia da lectura, do excepcional contador de historias que era o seu pai, da novela que marcou a súa infancia: A illa do tesouro, de Robert Louis Stevenson; de Don Álvaro Cunqueiro e de Merlín e familia; de innumerables libros dos que nos recomendaría gozar; de que sobre todo, se sinte lector…
Pasamos tamén momentos moi distendidos nos que foron os alumnos e alumnas de 6º quen lle presentaron pequenos enigmas que el debía resolver.
 
 

 
Rematou o encontro coa sinatura de exemplares do libro.
 
Moitas grazas, Don Xabier, por este día!

No hay comentarios:

Publicar un comentario